sábado, 13 de noviembre de 2010

FIN DA VIAXE


 
Repoñendo forzas no C1

Entre C1 e C2

Hola a todos. Esta é a final da viaxe. Está claro que non saíu precisamente como esperaba pero ó final sempre sacas cousas positivas. Como experiencia non estivo nada mal, intensa cando menos. Unha vez en Namche xa so nos restaba baixar a Luckla e coller un voo de regreso a Kathmandú. Para os que aínda non vos pasastedes por alí dicirvos que o aeroporto de Luckla é peculiar, unha pista en rampa de non mais de 300 m. que acaba en precipicio, unha terminal que podería ser perfectamente un almacén de verduras, e personaxes variopintos que non tes moi claro qué función teñen. Pilas de petates, moreas de xente pelexándose por unha das escasas prazas nos CESNAS que se aventuran a despegar e uns protocolos de compra de billetes que non acertamos a entender...e como non, esperas interminables. menos mal que en esta ocasión coincidimos no aeroporto con Jesus Calleja (e todo o seu equipo) e Reinhold Messner,  vamos, que tivemos para amenizar un rato das nosas horas de espera.


Unha vez saímos quedaban tres cousas por solucionar, en primeiro lugar aclara con Monterosa, a nosa axencia de servicios, que é o que pasou exactamente no Ama Dablam co asunto das cordas fixas e pedirlle responsabilidades, en segundo lugar, recuperar o meu petate, xa que ó final, apareceu, e finalmente decidir en que emplearíamos os 7 días que nos restaban en Kathmandú. En canto a Monterosa estivemos falando con seu xerente, que con moi boas palabras nos explicou que o problema xurdira porque non se puxeran de acordo entre todas as compañías que prestan servicios no Ama para concretar os calendarios e a adquisición de material para a equipación das cordas fixas, vamos, en outras palabras, que o problema foi para todos os que alí estabamos, é dicir, nin un cliente satisfeito. Ó final ofreceunos un pequeno reembolso de 300 US$ en proba de boa vontade, e un desconto se volvemos. Queremos crer que a culpa non foi so da nosa axencia, que todas estaban no mesmo saco...Para evitar este tipo de problemas parece ser que o goberno nepali pretende equipar as rutas normais das montañas máis frecuentadas, eso si, cobrando unha taxa ás axencias, que evidentemente pagaremos os que vaiamos a trepar alá.


Montando a tenda no C2


En canto o petate, como xa dixen, apareceu...pero cando xa non o necesitaba para nada, alomenos recupero o meu equipo, que non é pouco. Cando fun a buscalo ó aeroporto de Kathmandú estaba nunha sala contigua á terminal de chegadas, buceando entre unha montaña de maletas, bolsas, petates...alí estaba ó meu, agardando, asomando entre varias bolsas de viaxe que outros, como min, estarán desexando atopar. A saber cantas noites de insomnio hai aí metidas, cantas expedicións tiradas ó traste, cantas vacacións...


Os americanos entre o C1 e o C2

A terceira parte das nosas preocupacións pasaba por sair de Kathmandú, escapar do ruído infernal das súas rúas, da incesante marea de xente indo e vindo con paquetes, de taxis enlouquecidos con turistas despistados, regateos, comidas e ceas no Momo´s...decidimos aceptar unha oferta da propia Monterosa para ir ata Chitwan, unha vila ó sur do país, na fronteira coa India, unha Reserva Natural das mais importantes do país, xunto coa de Bardia. Unha zona selvática onde poderíamos ver elefantes, rinocerontes, cervos (Bambis dicíannos), monos, crocodilos e, con moita sorte, algún Tigre de Bengala. A cousa prometía e non dubidamos moito. 5 horas de autobús separábannos de alí, ou eso críamos. A estrada a Chitwan é a mesma de Pohkara durante moito rato, logo divídese. A nosa sorte non cambiara, ó pouco de saíres de Kathmandú atopamos a maior retención de tráfico do mundo (me rio das que se producen en Madrid ou Barcelona), uns 20 km de atasco debido a camións que se avariaban na estrada e que a ninguén se lle ocorría retiralos ó arcén...¡ah non!¡si non hai arcén nas estradas nepalis! Vamos, que nos tivemos que chupar mais de 5 horas de cola nun bus. Menos mal que o parque de Chitwan mereceu a pena, eso si, do tigre solo vimos unha pegada. no regreso o atasco foi polas festas de Kathamandú, outras 2 horas de caravana para entrar á cidade.


Porteador sen carga preto do Lamjura La a 3700 m.


Os dous días que faltaban foron ás visitas obrigadas na cidade: as estupas de Swayambhunath e Boudanath, Pashupatinah, Patan, a praza Durbar...suficiente para levar unha idea do que podía ser esta cidade na antigüidade. O señorío desta cidade tivo que ser increible, un auténtico Versalles nepalí que o tempo, o mal mantemento e o tráfico van a facer desaparecer se o governo local non toma  medidas no asunto.


Venta de carne en Chutok

O final da viaxe chegou, cun sabor agridulce entre a decepción de non poder cumprir os obxectivos montañeiros e a ledicia de descubrir o país da morada dos deuses, o país dos cumios mais altos do mundo, un mundo de sonos, de xentes estoicas, heroes diarios porteando cargas inconfesables, nenos sorrintes a todas horas e reunións ó redor dun prato de Dal-Bath.

Aquí se abre a miña carpeta de asuntos pendentes, como di Sechu.

A viaxe tamén serviu para coñecer a varias persoas incribles. Germán, o meu compi de cordada e de expedición dende España que, desafortunadamente, tivo un principio de edema pulmonar e tivo que abandonar. Compañeiro de desventuras e sufridor como min de todos os problemas que tivemos, moi bo tipo e entrañable. Menos mal que estabamos os dous xuntos. A nosa mala sorte sería bastante máis difícil de levar sen el. E Chris Gavin, un americano de Baltimore co que compartín un montón de horas no CB intentando manter conversacións co meu inglés macarrónico e a súa paciencia a proba de bomba, a ascensión ata o C2 e decisións difíciles coma a de dar por zanxada a expedición cando averiguamos o das cordas fixas. Ambos quedarán no corazón para sempre.


En Chitwan
Quero agradecer a toda a xente que se implicou nesta aventura a súa participación, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte na persoa de Jose Manuel Lete Lasa e o seu equipo, especialmente a Isabel Zarzalejo, Ángela Lera e tamén Laura Mosquera;  Laboratorios Rovi cos seus productos de Enerzona (gracias a Marcelina), a Musgo Aventura (David e Mónica, sempre con bos consellos), a Canle de TV Rías Baixas, María José Paratcha e o seu programa Verán Verán que me deu a oportunidade de publicitar o proxecto no seu medio. Tamén a Nacho de MotoBike pola súa xenerosidade...e como non a vós, os amigos incondicionais (gracias Nacho e Merchi polo madrugón e esperas no aeroporto, así da gusto chegar a casa) e a toda a familia polo apoio incondicional, sobre todo a ti María por escoitar todas as penurias da viaxe.
Os tres pes do banco


Dende o CB a 4500 m.


No hay comentarios:

Publicar un comentario