sábado, 2 de octubre de 2010

Un proxecto novo. O Ama Dablam.

Este domingo día 3 marcho para Nepal. O Ama Dablam é o meu próximo obxectivo. Teño previsto, si as cousas cos voos van como é debido, chegar a Kathmandú alá sobre as 15:00 h locais. Logo duns días alí facendo os preparativos imprescindibles tiraremos, Germán o meu compañeiro de aventuras, e mais eu en bus ata Jiri, unhas 6-8 h, e alí comezamos o treking cara Lukla. Serán uns cantos días perdidos por pobos remotos nos que casi non teremos contacto co turismo habitual, será un encontro ca xente do lugar, dos que tan ben falan todas as guías turísticas. Din que as xentes do Nepal teñen fama de hospitalarios e sempre cun sorriso, pese a que están na mais absoluta miseria. Será unha experiencia enriquecedora sen lugar a dúbidas. Logo enlazaremos coa ruta de aproximación normal que parte dende Lukla hacia o CB do Everest e uns días antes, o noso CB. Logo será a montaña quen diga se nos deixa subir ou non. A nosa ruta discorre pola arista Sudeste, en teoría a ruta normal, aínda que en esta montaña, a ruta normal é tecnicamente comprometida e bastante máis difícil que calquera ruta normal de algúns 8000. Pola súa proximidade, dende o cumio do Ama Dablam veremos o Everest, o Lothse e moitas outras míticas montañas tan soñadas por nós. Xa vos irei contando a medida que poida escribir.
Teño tamén que agradecer á xente que me apoia en esta aventura dende a Secretaría Xeral para o Deporte e  a Xunta de Galicia, a Laboratorios Rovi representado por Marcelina cos seus productos de Enerzona, a Musgo Aventura, meus proveedores de material e amigos, a Maria José Paratcha da canle de TV Rías Baixas pola difusión que lle dou o proxecto no seu programa Verán Verán, a todos os amigos e familia e moi en especial a miña churri, pola súa comprensión e apoio incondicional dende o principio.
Un saúdo a todos. A aventura comenza.

1 comentario:

  1. Espero que todo che vaia moi ben co teu novo proxecto. Que disfrutes un montón da viaxe, dos paisaxes, das xentes, das experiencias.
    Oportunidades como estas hai ben poucas.
    As veces os sonos fanse realidade.
    Un bico

    ResponderEliminar